>  Posts tagged "Porriño"

"Breaking Battle Porriño” é unha competición/encontro de Breaking que terá lugar o sábado 10 de xullo de 2021 en horario de 17:00 a 21:00 horas na Praza de San Sebastián do Concello do Porriño, onde se instalará unha pista de baile específica para a práctica desta disciplina ademais dun espazo de quecemento para os participantes e

Hoxe presentamos en rolda de prensa do Concello do Porriño a segunda edición do certame "Improvisdado - Batalla de Debuxantes" que abrirá o prazo para a presentación de propostas o vindeiro luns 15 de Marzo.

A Vella Escola xunto coa OMIX e a Concellería de Cultura do Concello do Porriño celebraron o Día de Rosalía o pasado 24 de febreiro coa realización dunha programación de 4 talleres formativos de Rap en galego, nos que se traballaron diferentes recursos didácticos para aprender a escribir e interpretar rimas en galego con temáticas de

Desde Vella Escola en colaboración co Concello do Porriño presentamos o concurso "Batalla de Debuxantes IMPROVISDADO", unha nova iniciativa que terá lugar na súa fase final (con 6 artistas finalistas) o vindeiro 19 de Setembro a partir das 17:00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios do Concello do Porriño.