>  Posts tagged "slackline"

Desde a Vella Escola garantimos a seguridade na realización de actividades culturais, deportivas e artísticas. Durante as últimas semanas, mentres o plan de desescalada avanza, o noso grupo de especialistas reuniuse para desenvolver unha serie de medidas extraordinarias que xa forman parte do noso Plan de Prevención de Riscos e do protocolo de actuación da nosa entidade

Xa temos cartel da Festa da Xuventude de Riveira que terá lugar o sábado 13 de Abril no paseo do Malecón e na que toma protagonismo a Cultura Urbana da man da Vella Escola cunha chea de disciplinas que estarán presente durante toda a xornada das 11 ás 20 horas en formato obradoiros e exhibicións.

O 14 de xullo chega a Ponteareas o festival de Cultura Urbana "Ruada Jam Fest" con obradoiros, exhibicións, quedadas, competicións e a mellor música para pasar un día enteiro de 12:00 a 24:00 bailando, saltando, pintando, cantando e RUANDO!!!

Chega dan man da Vella Escola, a segunda entrega do Festival de Cultura Urbana "Sinte O Flow", que terá lugar o venres 29 de Xuño en A Coruña, no Parque de Santa Margarita en horario de 12:00 a 24:00 horas e que inclúe un amplo cartel con obradoiros, quedadas, shows, campionatos e concerto.