>  Posts tagged "Lugo"

🎶🛹🏋 Este xullo, nas rúas de Lugo, poderás gozar de estilos urbanos e deportes na rúa 🤙.   👉 As actividades son abertas e gratuítas a toda a xuventude, non requiren inscrición previa e terán lugar os mércores 5, 12 e 19 de xullo de 17.00h a 21.00h en diferentes prazas da cidade - Augas Férreas, Praza Roxa

Xa podes inscribirte na "Liga Xunta de Galicia de Break" que contará con 10 eventos espallados por toda a xeografía galega, con 2 categorías (iniciación e avanzado), con 3 formatos de competición e con talleres formativos.

Xornadas lúdicas con SkatePark, exhibicións de BMX Flatland, obradoiros de Breakdance ou unha quedada de Street Workout son algunhas das actividades enmarcadas no programa municipal "Estilos Urbanos" +Xti do Concello de Lugo baixo a produción especializada do colectivo Vella Escola Cultura Urbana.

Este domingo 21 de setembro Vella Escola desprázase a Muimenta (Lugo) con gran variedade de obradoiros e shows de Cultura Urbana!!! Xornada organizada pola asociación "Acapa Show" e subvencionada polo programa de axudas "Iniciativa Xove 2014" da DXXV PROGRAMA 10:00 a 10:30 XUNTANZA PARTICIPANTES 10:30 Exhibición Skate 11:00 a 13:00 Obradoiro de Skate 13:00 Exhibición BMX 13:30 a 16:00 XANTAR NA NATUREZA 16:00 a

Vella Escola estará presente nos festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle o próximo venres 11 e sábado 12 de outubro na cidade de Lugo, iniciativas enmarcadas dentro das festas locais do Sanfroilán. Dentro da programación teremos concertos, festas de presentación e apertura dos festivais, actividades infantís e exhibicións de Cultura Urbana para tódolos públicos. Podes consultar

O pasado sábado 1 de xuño tivo lugar en Lugo o Vella Escola 2vs2 Battles 2013, campionato de Breakdance por parellas no que participaron numerosos competidores de diferentes puntos de Galicia e de outras comunidades. A competición desenvolveuse dentro da 6 edición do Festival Internacional Style Fighters, evento que reúne cada ano aos mellores do Graffiti

VELLA ESCOLA 2vs2 BREAKDANCE BATTLES (Lugo - Galicia) Descrición: Vella Escola 2vs2 Battles é o nome do campionato de bboying (breakdance) que terá lugar o sábado 1 de Xuño na cidade de Lugo (Galicia) dentro do "6 Festival Internacional StyleFighters" (Bboying, Graffiti, Skate, BMX, Dirty Jump, Street Basket 3x3, Concertos