>  Posts tagged "+Xti"

🎶🛹🏋 Este xullo, nas rúas de Lugo, poderás gozar de estilos urbanos e deportes na rúa 🤙.   👉 As actividades son abertas e gratuítas a toda a xuventude, non requiren inscrición previa e terán lugar os mércores 5, 12 e 19 de xullo de 17.00h a 21.00h en diferentes prazas da cidade - Augas Férreas, Praza Roxa

Xornadas lúdicas con SkatePark, exhibicións de BMX Flatland, obradoiros de Breakdance ou unha quedada de Street Workout son algunhas das actividades enmarcadas no programa municipal "Estilos Urbanos" +Xti do Concello de Lugo baixo a produción especializada do colectivo Vella Escola Cultura Urbana.