O stencil é unha técnica de arte urbana que utiliza plantillas para a realización das obras artísticas que poden aplicarse sobre diferentes soportes coma unha parede, un pedazo de madeira ou mesmo sobre a roupa. Nos obradoiros de personalización de roupa deseñamos e aplicamos manualmente a pintura sobre diferentes prendas, principalmente sobre camisetas. Neste obradoiro coñeceremos e aplicaremos as diferentes técnicas de estampación mediante o uso de plantillas (stencil).