O Rap é un xénero musical alernativo nado a comezos dos anos 80, caracterizado por ser rimado e estruturado dentro dun compás rítmico de 4X4 chamado “base” ou “instrumental”. Este estilo diferénciase pola súa complexidade na composición e por ter un alto contido lírico que inclúe xogos de palabras e recursos literarios propios da poesía coma metáforas, símiles, hipérboles e outras figuras retóricas. No taller de Rap, aprendemos a escribir e interpretar versos e coñecer as figuras literarias da nosa terra.