A gorra trucker aparece en Estados Unidos entre as décadas dos anos 30 e 60, utilizada polos camioneiros e mecánicos como parte do seu uniforme. Nos anos 80, a gorra trucker volve a ter presenza entre os seguidores da cultura Hip Hop, usada principalmente polos bailaríns de Breakdance que pintaban o frontal da gorra plasmando o seu alcume de bboy. No obradoiro de pintado de gorras trucker faremos o deseño do noso nome ou alcume en letras de Graffiti conseguindo un estilo propio.