O Turntablism é unha disciplina musical practicada polos DJs de hip-hop, que consiste en manipular manualmente os discos de vinilo sobre o prato do xiradiscos para xerar mediante diferentes técnicas, novos sons e melodías. Dentro desta disciplina atopamos as técnicas do «Beat Juggling», que permite mesturar e crear rutinas complexas, ou o «Scratch» que consiste en mover o vinilo cara a adiante e cara a atrás para crear un efecto parecido ao de raiar o disco.