Proxectos

IMPROVISDADO

Concurso de muralismo e debuxo cun formato innovador que leva aos participantes a improvisar e intervir artísticamente sobre diferentes soportes ríxidos.

JUMP TO CHALLENGE

Programa de Team Building. Mediante diferentes dinámicas colaborativas baseadas en Parkour traballamos a adaptación ao cambio e a xestión do medo.

ÓPERA BREAK´S

Espectáculo que mestura Ópera (Esperanza Mara) con Breakdance, Beatbox e Dj (Vella Escola), pinchado nunha única función de grande calidade artística.

QUEROECO

Proxecto baseado na realización de murais artísticos colaborativos con temática medioambiental, utilizando pintura fotocatalítica antipolución.

STREET BATTLES

Competición de Breakdance en formato batalla e modalidade individual acompañada por exhibicións de Graffiti e actuacións musicais en vivo.

RÚAS

Plan para a prevención de pintadas e para a rexeneración de espazos públicos, baseado na participación cidadá, a sensibilización xuvenil e a educación non formal.

PROXECTO SURIGAM

Iniciativa que utiliza a Cultura Urbana como ferramenta para traballar a inclusión de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

O PINTAMUROS

Proxecto artístico baseado na elaboración de murais colaborativos en centros de ensino, abordando diferentes temáticas de interese social.

RAP CON ROSALÍA

Creamos poemas en galego, os reinterpretamos e tamén rapeamos poemas de Rosalía de Castro de xeito colaborativo!!!