O Graffiti é a manifestación pictórica que acompaña ao movemento cultural do Hip Hop desde o seu comezo. A estética do Graffiti baséase na caligrafía do propio nome ou AKA (alcume) que pode ir acompañada dalgunha figura pictórica e que é realizada principalmente con esprais sobre diferentes soportes, sendo os muros os máis utilizados para plasmar este tipo de inscricións. O Graffiti utiliza o aerosol para comunicar ideas, inquietudes e preocupacións da sociedade a través da pintura mural.