O Beatbox consiste na habilidade ou arte de crear sons, ritmos, compoñer melodías ou imitar instrumentos musicais co único uso dos recursos corporais, principalmente coa boca, a gorxa e a farinxe. Nalgúns casos pódese incluír o canto mentres se realiza a parte instrumental, chegando a facer ata dous ou tres sons ao mesmo tempo de xeito natural. Algunhas tecnoloxías coma a Loop Station aporta infinidade de recursos para crear efectos ou melodías impresionantes.