O Parkour é unha disciplina ou filosofía que consiste en desprazarse dun punto a outro o máis fluidamente posible, usando principalmente as habilidades do corpo humano, o que supón superar os obstáculos que se presentan no percorrido tales como valos, muros ou paredes. Esta disciplina está baseada na ximnasia tradicional do «Método Natural» de Hébert e utiliza os elementos arquitectónicos das cidades para poñer en práctica as habilidades físicas e mentais propias deste deporte urbano.