>  Uncategorized   >  Chega a Lugo o programa Estilos Urbanos e Deportes na Rúa!!!

🎶🛹🏋 Este xullo, nas rúas de Lugo, poderás gozar de estilos urbanos e deportes na rúa 🤙.

 

👉 As actividades son abertas e gratuítas a toda a xuventude, non requiren inscrición previa e terán lugar os mércores 5, 12 e 19 de xullo de 17.00h a 21.00h en diferentes prazas da cidade – Augas Férreas, Praza Roxa de Fingoi, Agro do Rolo – nas que os participantes poderán gozar, experimentar e coñecer disciplinas urbanas tales como; freestyle football, parkour, rap, dj, breakdance, canasta doble, streetworkot, slackline, etc.

 

👉 O sábado 22 de xullo está previsto teña lugar no Parque Rosalía de Castro un campionato de street workout.

 

Esta programación está producida por Vella Escola e enmarcada dentro do Programa +XTÍ 2023 do Concello de Lugo, subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD).

 

CARTEL