>    >  julio

Xornadas lúdicas con SkatePark, exhibicións de BMX Flatland, obradoiros de Breakdance ou unha quedada de Street Workout son algunhas das actividades enmarcadas no programa municipal "Estilos Urbanos" +Xti do Concello de Lugo baixo a produción especializada do colectivo Vella Escola Cultura Urbana.

O martes 7 de XULLO abre o prazo de inscrición para participar no minicampamento de verán "Palmeira Urban Camp" que terá lugar en Palmeira (Ribeira) durante as datas do 13 ao 17 de xullo (primeira quenda) e do 20 ao 24 de xullo (segunda quenda). Actividade enmarcada no programa #CoñeceGalicia da #XuntaDeGalicia.