>  Uncategorized   >  Wakau Urban Fest en Negreira o 7 de Agosto!!!

O venres 7 de agosto terá lugar en Negreira a primeira edición do festival de Cultura Urbana «Wakau Urban Fest» que contará con diferentes mostras e talleres musicais e deportivos.

A xornada ubicarase no Parque do Coto, onde irán distribuídas tódalas actividades deixando espazo entre as diferentes zonas para evitar aglomeracións.

As actividades participativas contarán con aforo limitado a un máximo de 15 participantes simultáneos, pero realizaranse varias quendas (con desinfección da zona entre grupos) para que ninguén quede sen a posibilidade de participar.

Para participar nos talleres non será preciso realizar inscrición previa, pero levarase un rexistro de participantes para poder garantir a seguridade en caso de aparición dun positivo en Covid.

As exhibicións realizaranse a mediodía e cara o serán.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

TALLERES: Parkour / Breakdance / Turntablism / Beatbox

EXHIBICIÓNS: Graffiti / Freestyle Football / Breakdance / Scratching

PARQUES MÓBILES: SkatePark / Parkour Park / Pista de Street Football

Máis información en: www.vellaescola.com na web www.wakau.es e na páxina do concello de Negreira www.concellodenegreira.gal