>  Uncategorized   >  Minicampamento de Cultura Urbana en Ribeira.

 


O martes 7 de XULLO abre o prazo de inscrición para participar no minicampamento de verán «Palmeira Urban Camp» que terá lugar en Palmeira (Ribeira) durante as datas do 13 ao 17 de xullo (primeira quenda) e do 20 ao 24 de xullo (segunda quenda). Actividade enmarcada no programa #CoñeceGalicia da #XuntaDeGalicia. 😍🌴☀️🌊🤸♀️🤸⛱️


O campamento vai dirixido a mozas e mozos de 10 a 14 anos e dispón de 14 prazas para cada quenda.
O campamento está ubicado no Hotel Norat Palmeira Playa onde se aloxarán os participantes durante as 4 noites (5 días).


Adiantamos que este campamento contará con tódalas medidas de seguridade, grupos reducidos (14 participantes) e cunha programación chea de actividades de Cultura Urbana (Parkour, Graffiti, Break, Dj, Beatbox, etc.) a parte das actividades acuáticas, de praia e no medio natural.


Se estás interesad@ no campamento, podes inscribirte e consultar toda a información accedendo directamente á páxina web:


http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran


Lembra que o martes 7 de Xullo abre o prazo de inscrición e que hai prazas limitadas!!! ⏱️⏱️🌴🌴

Máis información na nosa web www.vellaescola.com