>  Posts tagged "skatepark móbil"

O vindeiro venres 1 de agosto Vella Escola desprázase ata o Concello de Valdoviño co seu Skatepark Móbil, que se instalará na pista polideportiva municipal da praia ás 17:00 horas. Os mozos e mozas que o desexen poderán achegarse a patinar e facer uso das diferentes rampas e módulos. Por outra banda, tamén se impartirá un

A semana pasada montamos o noso SkatePark Móbil na Praza Roxa, en Santiago de Compostela, colaborando co evento promocional da marca de gafas Oakley organizado pola Óptica Val. A nosa noraboa a Ramón Gey Martínez por facerse co premio dunhas gafas Oakley!!!

Vella Escola estará presente nos festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle o próximo venres 11 e sábado 12 de outubro na cidade de Lugo, iniciativas enmarcadas dentro das festas locais do Sanfroilán. Dentro da programación teremos concertos, festas de presentación e apertura dos festivais, actividades infantís e exhibicións de Cultura Urbana para tódolos públicos. Podes consultar