>  Uncategorized   >  Skatepark Móbil e Obradoiro de Skate con Vella Escola en Valdoviño

O vindeiro venres 1 de agosto Vella Escola desprázase ata o Concello de Valdoviño co seu Skatepark Móbil, que se instalará na pista polideportiva municipal da praia ás 17:00 horas. Os mozos e mozas que o desexen poderán achegarse a patinar e facer uso das diferentes rampas e módulos. Por outra banda, tamén se impartirá un obradoiro de iniciación ao Skateboard para aqueles que queiran iniciarse nesta disciplina urbana (neste caso, contaremos con patíns e cascos a disposición dos participantes).