>  Uncategorized   >  O RUADA JAM FEST chega a Ponteareas o 14 de Xullo!!!

O 14 de xullo chega a Ponteareas o festival de Cultura Urbana «Ruada Jam Fest» con obradoiros, exhibicións, quedadas, competicións e a mellor música para pasar un día enteiro de 12:00 a 24:00 bailando, saltando, pintando, cantando e RUANDO!!!

O lugar escollido para gozar de todo isto é o Parque da Feira Vella que recolle os mellores espazos para practicar diferentes Deportes Urbanos sendo ademais un lugar accesible situado á beira da Estación de Autobuses.

PROGRAMA:

  • Campionato de Danzas Urbanas «All Style 1vs1»
  • Show de Breakdance por BreakInclán
  • Exhibición de Graffiti por Pow One, O Ras e Asten.
  • Exhibición de BMX
  • Sesión de música por Dj Mil
  • Micro Libre
  • SkatePark Móbil
  • ParkourPark Móbil
  • Obradoiros de iniciación ao Beatbox, Slackline, Parkour e Skateboard

«RUADA, sf. Festa e diversión popular con cantos, bailes e outras manifestacións. FOLIADA. / Ir de ruada, ir a divertirse, ir de troula.»