O 14 de xullo, vai a Ponteareas ou ao Festival de Cultura Urbana "Ruada Jam Fest" con obras, exposicións, quedadas, concursos e a mellor música para pasar un día enteiro de 12:00 a 00:00 bailando, saltando, pintando, cantando e CORRENDO!!!
O mellor lugar para desfrutar de todo é o Parque da Feira Vella que reúne os mellores espazos para practicar diferentes deportes urbanos e que ademais é un lugar accesible situado preto da estación de autobuses.
PROGRAMA:
- Campionato de Baile Urbano «Todos os Estilos 1 contra 1»
- Espectáculo de Breakdance a cargo de BreakInclán
- Exposición de grafitis de Pow One, O Ras e Asten.
- Exposición de BMX
- Sesión musical a cargo do DJ Mil
- Micro Libre
- Parque de patinaxe móbil
- Parque móbil Parkour
- Talleres de iniciación a Beatbox, Slackline, Parkour e Skateboard

«RUADA, sf. Festa e diversión popular con cancións, bailes e outras demostracións. FOLIADA. / Ir de ruada, ir divertirse, ir de troula.»
