>  Posts tagged "Ponteareas"

O 14 de xullo chega a Ponteareas o festival de Cultura Urbana "Ruada Jam Fest" con obradoiros, exhibicións, quedadas, competicións e a mellor música para pasar un día enteiro de 12:00 a 24:00 bailando, saltando, pintando, cantando e RUANDO!!!

O pasado venres tivo lugar en Ponteareas unha xornada de portas abertas sobre Parkour, na que participaron máis de 100 mozas e mozos. A actividade estivo dirixida por Vella Escola, que instalou un parque móbil (Parkour Park), e impartiu obradoiros de iniciación nesta disciplina, rematando cunha breve mostra ao finalizar a xornada.