>  Uncategorized   >  Máis de 100 participantes na xornada de PARKOUR!!!

O pasado venres tivo lugar en Ponteareas unha xornada de portas abertas sobre Parkour, na que participaron máis de 100 mozas e mozos. A actividade estivo dirixida por Vella Escola, que instalou un parque móbil (Parkour Park), e impartiu obradoiros de iniciación nesta disciplina, rematando cunha breve mostra ao finalizar a xornada.

Esta actividade foi o punto de comezo do programa de ocio xuvenil «Mocidade Viva» promovido polo Concello de Ponteareas, que inclúe unha ampla oferta de talleres de Cultura Urbana entre outras actividades.

O seguinte obradoiro será o de Graffiti e terá lugar na Praza Maior o vindeiro venres 27 de Abril.