A pasada fin de semana en Ponteareas, tivo lugar unha xornada de portas abertas sobre Parkour, na que participaron máis de 100 nenas e nenos. A actividade de verán estivo dirixida por Vella Escola, que instalou un parque móbil (Parkour Park), e impartiu cursos de introdución a esta disciplina, rematando cunha breve demostración ao final da xornada.

Esta actividade foi o punto de partida do programa de lecer xuvenil «Mocidade Viva» promovido polo Concello de Ponteareas, que inclúe unha ampla gama de obradoiros de Cultura Urbana entre outras actividades.

A seguinte obra será Graffiti e terá lugar na Praza Maior o 27 de xuño.
