>  Posts tagged "ocio"

O pasado venres tivo lugar en Ponteareas unha xornada de portas abertas sobre Parkour, na que participaron máis de 100 mozas e mozos. A actividade estivo dirixida por Vella Escola, que instalou un parque móbil (Parkour Park), e impartiu obradoiros de iniciación nesta disciplina, rematando cunha breve mostra ao finalizar a xornada.

O vindeiro sábado 27 de Abril comezamos co "NOITES ACTIVAS", un programa de lecer nocturno que pon en marcha o Concello de Muros en colaboración coa Asociación Vella Escola co fin de proporcionar á poboación xuvenil muradá diversas actividades elixidas por eles mesmos, levándose a cabo nas fins de semana. Moitas destas actividades están relacionadas coa