>  Uncategorized   >  Programa de verán MARTES URBANOS (Pontedeume)!!!

Os da Vella Escola xunto co Concello de Pontedeume e o Concello de Cabanas presentamos os Martes Urbanos, un programa de verán cheo de obradoiros de Cultura Urbana dirixidos á mocidade.

As actividades terán lugar na contorna da Alameda e no Espazo Xove de Pontedeume durante os martes dos meses de Xullo e Agosto a partir das 20:00 horas.

Para participar é preciso ter 12 ou máis anos, non se require inscrición previa e as actividades son de balde.

Esta iniciativa busca atender ás demandas variadas da mocidade ofrecendo unha alternativa de ocio saudable baseada na súa participación activa, na creatividade e na promoción dun uso responsable do seu tempo de lecer.