>  Uncategorized   >  ÓPERA BREAKS chega a O Porriño o 28 de Setembro!

O luns 28 de Setembro ás 18:00 horas presentamos en O Porriño (Parque do Cristo) o novo espectáculo «ÓPERA Break’s», un show producido por Vella Escola e EmanArte.

“Ópera Break´s” mestura Ópera, Breakdance e Dj nun único espectáculo de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola, Dj Mil e os bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock.

DUALIDADE… A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela direccionada aos mozos, libre de normas, transgresora, que se cultiva nos suburbios e que se desenvolven sin vínculo a nada.

Contamos unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompemos as barreiras do clásico e do urbano, fusionándonos nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode ocorrer… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?

Este espectáculo ten 1 hora de duración e está disponible para a súa posta en escena tanto en teatros coma na propia rúa.