>  Posts tagged "batalla de debuxantes"

Hoxe presentamos en rolda de prensa do Concello do Porriño a segunda edición do certame "Improvisdado - Batalla de Debuxantes" que abrirá o prazo para a presentación de propostas o vindeiro luns 15 de Marzo.

Desde Vella Escola en colaboración co Concello do Porriño presentamos o concurso "Batalla de Debuxantes IMPROVISDADO", unha nova iniciativa que terá lugar na súa fase final (con 6 artistas finalistas) o vindeiro 19 de Setembro a partir das 17:00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios do Concello do Porriño.