>  Posts tagged "skate" (Page 3)

Este martes 16 de setembro Vella Escola volve, como cada ano, a Rianxo a impartir obradoiros de Cultura Urbana no marco das Festas da Guadalupe 2014. Este ano teremos Skate e Beatbox a partir das 11:30 na Praza Castelao. As actividades son de balde, sen límite de idade e non requiren inscrición previa.

O próximo sábado 13 de setembro Vella Escola levará a Cultura Urbana a Riveira no marco das festas de Santa Uxía. O programa de actividades inclúe obradoiros e diferentes shows de Breakdance, Graffiti, Skate, Roller, Beatbox, Rap, Turntablism Dj, Street Basket, etc. [frame src="https://www.vellaescola.com/wp-content/uploads/2014/09/Xornada-Riveira-2014-PROGRAMA.jpg" width="431" height="659" lightbox="on" title="" align="left" ]

Mañá sábado 6 de setembro Vella Escola desprázase a Lousame para impartir diferentes obradoiros de Cultura Urbana, Graffiti, Breakdance, Skate e Turntablism Dj. Estas actividades vanse desenvolver na Praza do Concello a partir das 18:00 horas. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Ocio Activo" do Grupo Informal NEVOX pertencente ao programa de axudas "Iniciativa Xove 2014" da Dirección

O vindeiro venres 1 de agosto Vella Escola desprázase ata o Concello de Valdoviño co seu Skatepark Móbil, que se instalará na pista polideportiva municipal da praia ás 17:00 horas. Os mozos e mozas que o desexen poderán achegarse a patinar e facer uso das diferentes rampas e módulos. Por outra banda, tamén se impartirá un

Un ano máis Vella Escola trae os seus obradoiros e shows de Cultura Urbana o sábado 26 de xullo a Santiago de Compostela co motivo das Festas do Apóstol. A xornada terá lugar na Praza Rodrigo de Padrón (ao lado da Alameda, enriba do Parking). Os obradoiros darán comezo ás 17:00 e durarán ata as 21:00

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN para participar nas Escolas Municipais de SKATE e BREAKDANCE de Santiago de Compostela!! Todos os venres de 18:00 a 19:30. As clases de Breakdance impartiránse no Centro Sociocultural de Fontiñas e as clases de Skate na Praza do Parlamento, no Skatepark (e se chove nun sitio cuberto todavía por determinar). Comezo das clases

A semana pasada montamos o noso SkatePark Móbil na Praza Roxa, en Santiago de Compostela, colaborando co evento promocional da marca de gafas Oakley organizado pola Óptica Val. A nosa noraboa a Ramón Gey Martínez por facerse co premio dunhas gafas Oakley!!!

Vella Escola estará presente nos festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle o próximo venres 11 e sábado 12 de outubro na cidade de Lugo, iniciativas enmarcadas dentro das festas locais do Sanfroilán. Dentro da programación teremos concertos, festas de presentación e apertura dos festivais, actividades infantís e exhibicións de Cultura Urbana para tódolos públicos. Podes consultar

Durante o mes de outubro continuamos en Muros co programa "Noites Activas" impartindo obradoiros de Breakdance, Beatbox e Skateboard os sábados en horario de 20:00 a 22:00 horas na antiga fábrica de SEL. Estas actividades van dirixidas á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e os 20 anos. Se estás interesad@ en participar nos obradoiros

A Asociación Vella Escola e a ONG Manos Unidas organizan para o próximo domingo 6 de outubro en Noia a xornada "Cultura Urbana pola Igualdade", na que se desenvolverán diferentes obradoiros relacionados con esta subcultura xuvenil. As actividades terán lugar na alameda en horario de 16:00 a 20:00 horas. Entre as actividades programadas atopamos diferentes obradoiros