>  Uncategorized   >  Obradoiros e Shows de Cultura Urbana nas Festas do Apóstol 2014

Un ano máis Vella Escola trae os seus obradoiros e shows de Cultura Urbana o sábado 26 de xullo a Santiago de Compostela co motivo das Festas do Apóstol. A xornada terá lugar na Praza Rodrigo de Padrón (ao lado da Alameda, enriba do Parking). Os obradoiros darán comezo ás 17:00 e durarán ata as 21:00 horas, dando paso aos shows de Breakdance, Rap e Beatbox. Para finalizar a xornada contaremos cunha mostra de Turntablism e unha sesión de Dj´s.

Para participar nos obradoiros non é necesario inscribirse nin ter experiencia na materia, xa que son obradoiros de iniciación. Anímate e participa!!!

Aquí vos deixamos o programa completo:

17:00 a 18:30 Obradoiro de Graffiti / Obradoiro de Hamabeads
18:00 a 19:00 Obradoiro de Beatbox
19:00 a 20:00 Obradoiro de Breakdance / Obradoiro de skate
20:00 a 21:00 Obradoiro de Turntablism Dj
21:00 a 22:00 Show de breakdance. Vella Escola / Show de beatbox + rap. Davbeat & Risk
22:00 Sesión Dj’s: Dj Mil +Dj Webo +Dj Cro