>  Uncategorized   >  CULTURA URBANA POLA IGUALDADE con Vella Escola e Manos Unidas

A Asociación Vella Escola e a ONG Manos Unidas organizan para o próximo domingo 6 de outubro en Noia a xornada «Cultura Urbana pola Igualdade», na que se desenvolverán diferentes obradoiros relacionados con esta subcultura xuvenil. As actividades terán lugar na alameda en horario de 16:00 a 20:00 horas. Entre as actividades programadas atopamos diferentes obradoiros para iniciarse na práctica do Skateboard, Graffiti, Beatbox e incluso Turntablism (Dj). Por outra banda, tamén se realizarán dúas exhibicións, unha de Breakdance ao remate da xornada, e outra de Graffiti no campo de fútbol ao longo do día.