>  Posts tagged "Cultura Urbana" (Page 3)

O martes 7 de XULLO abre o prazo de inscrición para participar no minicampamento de verán "Palmeira Urban Camp" que terá lugar en Palmeira (Ribeira) durante as datas do 13 ao 17 de xullo (primeira quenda) e do 20 ao 24 de xullo (segunda quenda). Actividade enmarcada no programa #CoñeceGalicia da #XuntaDeGalicia.

Desde a Vella Escola garantimos a seguridade na realización de actividades culturais, deportivas e artísticas. Durante as últimas semanas, mentres o plan de desescalada avanza, o noso grupo de especialistas reuniuse para desenvolver unha serie de medidas extraordinarias que xa forman parte do noso Plan de Prevención de Riscos e do protocolo de actuación da nosa entidade

Presentamos o novo espectáculo ÓPERAbreaks!!! Este espectáculo está producido por Vella Escola  en colaboración con Emanarte (Arte Urbana + Ópera). A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela direccionada aos mozos, libre de normas, transgresora, que se cultiva nos