>  Uncategorized   >  Parkour e Skate en Sarria no ESMORGA DIRT (22 Xuño)!!!

Se queres pasar o día de San Xoán patinando ou saltando achégate ao festival «Esmoga Dirt» de Sarria o vindeiro sábado 22 de Xuño!!!

Os da Vella Escola levaremos os nosos parques móbiles de Parkour e Skate que estarán montados durante todo o día e tamén impartiremos diferentes talleres de iniciación para quen se anime. Tamén faremos exhibicións de Flat Land (BMX).

Pola tarde terá lugar o campionato de Dirt Jump e pola noite show de Beatbox con Grison e concerto con Dios Ke Te Crew e Novedades Carminha.