Presentamos o novo espectáculo Ópera Breaks
Este espectáculo está producido por Vella Escola en colaboración con Emanarte (Arte Urbana + Ópera).
A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela direccionada aos mozos, libre de normas, transgresora, que se cultiva nos suburbios e que se desenvolven sin vínculo a nada.
“Ópera Break´s” mestura Ópera, Breakdance e Dj nun único espectáculo de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola, Dj Mil e os bailaríns Bboy Serlli, Retrokid e Pol Rock.
O show Ópera Breaks xa está dispoñible para contratación.

Consúltanos prezo e dispoñibilidade en www.vellaescola.com
