Presentamos o noso novo espectáculo Opera Breaks
Este espectáculo está producido por Vella Escola en colaboración con Emanarte (Arte Urbana + Ópera).
A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo vinculado a espazos reservados, fundamentalmente aos teatros. Cultura urbana, aquela dirixida á xente nova, libre de regras, transgresora, que se cultiva nos suburbios e que se desenvolve sen conexión con nada.
“Opera Break's” mestura ópera, breakdance e DJ nun espectáculo único de gran calidade artística que xorde da conexión da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola, Dj Mil e os bailaríns Bboy Serlli, Retrokid e Pol Rock.
O espectáculo Ópera Breaks xa está dispoñible para alugar.

Contacta connosco para consultar prezo e dispoñibilidade en www.vellaescola.com
