>  2013

A semana pasada montamos o noso SkatePark Móbil na Praza Roxa, en Santiago de Compostela, colaborando co evento promocional da marca de gafas Oakley organizado pola Óptica Val. A nosa noraboa a Ramón Gey Martínez por facerse co premio dunhas gafas Oakley!!!

Logo de moitos meses de preparación e dun sábado con moito movemento, xa damos por rematada a II edición do Campionato Galego de Breakdance "SANTIAGO STREET BATTLES 2013". Dende Vella Escola queremos dar a noraboa a Naughty Niko (Pontevedra), Sufi (Madrid) e Serlli (Santiago de Compostela), que lograron as primeiras prazas no "Santiago Street Battles" deste ano,

O vindeiro sábado 2 de novembro o Concello de Santiago de Compostela organiza en colaboración coa Asociación Vella Escola a segunda edición do Campionato Galego de Breakdance "SANTIAGO STREET BATTLES 2013". O evento terá lugar no Centro Comercial Área Central a partir das 16:00 horas. O "SANTIAGO STREET BATTLES" é o Campionato Galego de Breakdance/Bboying na modalidade 1vs1.

Con motivo da clausura das actividades de Cultura Urbana que se desenvolveron no Concello de Santiago de Compostela ao longo destos seis meses e coa colaboración do programa de axudas “Iniciativa Xove” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, se propón a realización dunha actividade de portas abertas que se realizará o xoves 10 de outubro na Praza Roja, en Santiago

Vella Escola estará presente nos festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle o próximo venres 11 e sábado 12 de outubro na cidade de Lugo, iniciativas enmarcadas dentro das festas locais do Sanfroilán. Dentro da programación teremos concertos, festas de presentación e apertura dos festivais, actividades infantís e exhibicións de Cultura Urbana para tódolos públicos. Podes consultar

Ábrese o prazo de inscrición para anotarse na Escola Municipal de Breakdance de Riveira. As clases  impartiranse na Casa da Xuventude de Riveira todos os xoves ás 18:00 horas e van dirixidas a mozos e mozas maiores de 8 anos . O prezo é de 10€ mensuais a pagar trimestralmente. Inscricións e máis información en: Casa da Xuventude de

Durante o mes de outubro continuamos en Muros co programa "Noites Activas" impartindo obradoiros de Breakdance, Beatbox e Skateboard os sábados en horario de 20:00 a 22:00 horas na antiga fábrica de SEL. Estas actividades van dirixidas á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e os 20 anos. Se estás interesad@ en participar nos obradoiros

A Asociación Vella Escola e a ONG Manos Unidas organizan para o próximo domingo 6 de outubro en Noia a xornada "Cultura Urbana pola Igualdade", na que se desenvolverán diferentes obradoiros relacionados con esta subcultura xuvenil. As actividades terán lugar na alameda en horario de 16:00 a 20:00 horas. Entre as actividades programadas atopamos diferentes obradoiros