>  Posts tagged "batalla"

O pasado venres 15 de Maio Vella Escola abriu a tempada de verán por todo o alto, organizando unha Xornada de Cultura Urbana que acolleu diferentes actividades dirixidas a todos os públicos. Campionato de Breakdance 2vs2 Obradoiros de Breakdance, Personalización de Gorras e Turntablism DJ. Show de Maxia Concerto "Rap a Golpe de Beatbox" Exhibicións de Graffiti sobre film transparente "Cellograffiti", Turntablism

O vindeiro sábado 2 de novembro o Concello de Santiago de Compostela organiza en colaboración coa Asociación Vella Escola a segunda edición do Campionato Galego de Breakdance "SANTIAGO STREET BATTLES 2013". O evento terá lugar no Centro Comercial Área Central a partir das 16:00 horas. O "SANTIAGO STREET BATTLES" é o Campionato Galego de Breakdance/Bboying na modalidade 1vs1.