>  Posts tagged "skateboard" (Page 2)

Desde Vella Escola convidámoste a participar nas actividades de Cultura Urbana que se desenvolverán o domingo 8 de setembro  na praza do Concello da Baña en horario de 18:00 a 22:00 horas. Esta xornada chamada "Rural Play and Dance", é unha actividade organizada polo grupo "A Mocidade Non Stop" dentro do programa de axudas da Dirección Xeral de Xuventude

Vella Escola impartirá obradoiros de Skateboard e Hamabeads (confección de chaveiros) en Rianxo o martes 17 de setembro dentro do programa de actividades das Festas da Virxe da Guadalupe 2013. As actividades realizaranse na Praza Castelao en horario de 11:00 a 14:00 horas.

O luns 26 de agosto traemos a Noia (alameda, fronte ao Concello) os mellores espectáculos de Cultura Urbana (concerto de Rap, show de Beatbox e exhibición de Breakdance) e ademais contaremos cunha impresionante exhibición de Graffiti que será realizada sobre a carrocería dun coche. Por outra banda, durante todo o día haberá diferentes obradoiros nos que

Vella Escola e o Concello de Muros organizan a  "I Festa de Cultura Xuvenil de Muros" que terá lugar o domingo 30 de xuño a partir das 19:00 horas na zona do porto (detrás de Roque). Esta xornada estará dedicada á Cultura Urbana cunha oferta variada de actividades nas que poderán participar de balde tódolos mozos e