>  Uncategorized   >  I Festa de Cultura Xuvenil de Muros

Vella Escola e o Concello de Muros organizan a  «I Festa de Cultura Xuvenil de Muros» que terá lugar o domingo 30 de xuño a partir das 19:00 horas na zona do porto (detrás de Roque). Esta xornada estará dedicada á Cultura Urbana cunha oferta variada de actividades nas que poderán participar de balde tódolos mozos e mozas que o desexen.

O programa da festa é o seguinte:

  • Street Basket 3×3 (liguiña)
  • Obradoiro e exhibición de Breakdance
  • Obradoiro e exhibición de Beatbox
  • Obradoiro e exhibición de Turntablism (Dj)
  • Obradoiro de Skateboard

 

*NOTA: Para participar na liguiña de Street Basket 3×3 é necesario ter realizado a inscrición, enviando os datos persoais ao correo electrónico info@vellaescola.com antes do comezo da xornada (19:00 horas do domingo 30 de xuño).