>  Uncategorized   >  Xornada de Cultura Urbana nas Festas de Noia a cargo de Vella Escola

O luns 26 de agosto traemos a Noia (alameda, fronte ao Concello) os mellores espectáculos de Cultura Urbana (concerto de Rap, show de Beatbox e exhibición de Breakdance) e ademais contaremos cunha impresionante exhibición de Graffiti que será realizada sobre a carrocería dun coche. Por outra banda, durante todo o día haberá diferentes obradoiros nos que poderán participar de balde, tódalas persoas que o desexen sen necesidade de inscribirse previamente.

O PROGRAMA:

MAÑÁ (11:00 a 14:00)
Obradoiro de Skateboard
Obradoiro de HamaBeads
Exhibición de Graffiti (automóvil)

TARDE (17:00 a 20:00)
Obradoiro de Graffiti (sobre papel)
Obradoiro de Beatbox
Obradoiro de Turntablism

PECHE DA XORNADA (20:00)

VELLA ESCOLA
Exhibición de Breakdance e Poppin
DJ WEBO & DJ CRO (Santiago de Compostela)
Exhibición de Turntablism DJ
DAVBEAT (Pontevedra)
Show de Beatbox
GARCÍA MC (Dios Ke Te Crew)
Concerto de Rap