>  Uncategorized   >  Participa no RURAL PLAY AND DANCE!! (A Baña)

Desde Vella Escola convidámoste a participar nas actividades de Cultura Urbana que se desenvolverán o domingo 8 de setembro  na praza do Concello da Baña en horario de 18:00 a 22:00 horas. Esta xornada chamada «Rural Play and Dance», é unha actividade organizada polo grupo «A Mocidade Non Stop» dentro do programa de axudas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado «Iniciativa Xove 2013».

Programa:

  • DANCE NA RÚA: Obradoiro de Breakdance
  • MÓVETE CO SKATE: Obradoiro de Skateboard
  • ARTE NAS PAREDES: Obradoiro de Graffiti
  • Exhibicións de Breakdance e Turntablism (Dj)

 

Tamén faremos un sorteo dun skate e unha camiseta de Cultura Urbana entre os mozos e mozas que participen nas actividades.