Muro Artificial

Monta o muro en 10 minutos e ponte a pintar!!!

O muro artificial está composto por estruturas modulares que van conectadas lateralmente, permitindo ampliar a superficie mural de forma horizontal ata 7 metros e verticalmente ata 3 metros, posto que a estrutura dispón dun sistema telescópico que permite isto. Por outra banda, tamén é posible regular o ángulo do panel para compensar os desniveis do chan e mantelo totalmente vertical. A parte inferior da estrutura ten unha bandexa que queda separada do chan 5cm para evitar que a pintura sexa derramada. Sobre a estrutura instálanse taboleiros de madeira que posteriormente poden ser retirados ou substituídos por outros.