Actividades culturais e deportivas seguras!!!
Desde a Vella Escola garantimos a seguridade na realización de actividades culturais, deportivas e artísticas. Durante as últimas semanas, mentres o plan de desescalada avanza, o noso grupo de especialistas reuniuse para desenvolver unha serie de medidas extraordinarias que xa forman parte do noso Plan de Prevención de Riscos e do protocolo de actuación da nosa entidade
Cultura Urbana na Festa da Xuventude de Riveira (13 Abr)
Xa temos cartel da Festa da Xuventude de Riveira que terá lugar o sábado 13 de Abril no paseo do Malecón e na que toma protagonismo a Cultura Urbana da man da Vella Escola cunha chea de disciplinas que estarán presente durante toda a xornada das 11 ás 20 horas en formato obradoiros e exhibicións.
O programa VIVE a CULTURA URBANA chega ao Porriño!!!
Este venres 15 de Marzo chega a Porriño da man da Vella Escola o programa "VIVE a CULTURA URBANA" que ofrecerá obradoiros para a mocidade durante os venres dos meses de marzo e abril.
O RUADA JAM FEST chega a Ponteareas o 14 de Xullo!!!
O 14 de xullo chega a Ponteareas o festival de Cultura Urbana "Ruada Jam Fest" con obradoiros, exhibicións, quedadas, competicións e a mellor música para pasar un día enteiro de 12:00 a 24:00 bailando, saltando, pintando, cantando e RUANDO!!!
Chega a Lugo a Cultura Urbana co programa +Xti!!!
Xornadas de Cultura Urbana para a mocidade en Lugo con Vella Escola dentro do programa municipal "Máis Por Ti" (+Xti) de promoción de hábitos de vida e ocio saudable.
II Festival SINTE O FLOW (A Coruña, 29 Xuño de 2018)!!!
Chega dan man da Vella Escola, a segunda entrega do Festival de Cultura Urbana "Sinte O Flow", que terá lugar o venres 29 de Xuño en A Coruña, no Parque de Santa Margarita en horario de 12:00 a 24:00 horas e que inclúe un amplo cartel con obradoiros, quedadas, shows, campionatos e concerto.
OBRADOIROS DE CULTURA URBANA no programa NOCTURNIA!!!
Xa temos as datas dos vindeiros obradoiros de Parkour, Street Workout, Circo e Slackline que impartiremos os da Vella Escola durante os meses de Maio e Xuño en A Coruña dentro do programa Nocturnia.