>  Posts tagged "Arte Urbana"

Comezamos o ano 2022 de roteiro por 50 centros escolares de Galicia da man dun proxecto innovador que une arte urbana e ecoloxía baseado na realización de murais colaborativos utilizando pinturas antipolución. Actividade enmarcada no programa "Escolares" de Afundación.   A continuación describimos en que consiste este proxecto que está a ter unha acollida excepcional nos centros educativos

O vindeiro domingo 8 de novembro de 2020 presentamos na Casa da Cultura de Lousame "Ópera Break´s", un espectáculo que mestura Ópera, Breakdance e Dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola (Dj Mil e os bailaríns Retrokid, Bboy

Desde Vella Escola en colaboración co Concello do Porriño presentamos o concurso "Batalla de Debuxantes IMPROVISDADO", unha nova iniciativa que terá lugar na súa fase final (con 6 artistas finalistas) o vindeiro 19 de Setembro a partir das 17:00 horas na Praza Arquitecto Antonio Palacios do Concello do Porriño.

Desde a Vella Escola garantimos a seguridade na realización de actividades culturais, deportivas e artísticas. Durante as últimas semanas, mentres o plan de desescalada avanza, o noso grupo de especialistas reuniuse para desenvolver unha serie de medidas extraordinarias que xa forman parte do noso Plan de Prevención de Riscos e do protocolo de actuación da nosa entidade

Presentamos o novo espectáculo ÓPERAbreaks!!! Este espectáculo está producido por Vella Escola  en colaboración con Emanarte (Arte Urbana + Ópera). A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela direccionada aos mozos, libre de normas, transgresora, que se cultiva nos