Obradoiros de Skate e Beatbox en Rianxo na Guadalupe 2014!!!
Este martes 16 de setembro Vella Escola volve, como cada ano, a Rianxo a impartir obradoiros de Cultura Urbana no marco das Festas da Guadalupe 2014. Este ano teremos Skate e Beatbox a partir das 11:30 na Praza Castelao. As actividades son de balde, sen límite de idade e non requiren inscrición previa.
Xornada de Cultura Urbana por todo o alto con Vella Escola nas festas de Riveira!!!
O próximo sábado 13 de setembro Vella Escola levará a Cultura Urbana a Riveira no marco das festas de Santa Uxía. O programa de actividades inclúe obradoiros e diferentes shows de Breakdance, Graffiti, Skate, Roller, Beatbox, Rap, Turntablism Dj, Street Basket, etc. [frame src="https://www.vellaescola.com/wp-content/uploads/2014/09/Xornada-Riveira-2014-PROGRAMA.jpg" width="431" height="659" lightbox="on" title="" align="left" ]
A Cultura Urbana chega a Lousame da man de Vella Escola e o grupo Nevox!!!
Mañá sábado 6 de setembro Vella Escola desprázase a Lousame para impartir diferentes obradoiros de Cultura Urbana, Graffiti, Breakdance, Skate e Turntablism Dj. Estas actividades vanse desenvolver na Praza do Concello a partir das 18:00 horas. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Ocio Activo" do Grupo Informal NEVOX pertencente ao programa de axudas "Iniciativa Xove 2014" da Dirección
Skatepark Móbil e Obradoiro de Skate con Vella Escola en Valdoviño
O vindeiro venres 1 de agosto Vella Escola desprázase ata o Concello de Valdoviño co seu Skatepark Móbil, que se instalará na pista polideportiva municipal da praia ás 17:00 horas. Os mozos e mozas que o desexen poderán achegarse a patinar e facer uso das diferentes rampas e módulos. Por outra banda, tamén se impartirá un
Obradoiros e Shows de Cultura Urbana nas Festas do Apóstol 2014
Un ano máis Vella Escola trae os seus obradoiros e shows de Cultura Urbana o sábado 26 de xullo a Santiago de Compostela co motivo das Festas do Apóstol. A xornada terá lugar na Praza Rodrigo de Padrón (ao lado da Alameda, enriba do Parking). Os obradoiros darán comezo ás 17:00 e durarán ata as 21:00
Comezan as Escolas Municipais de SKATE E BREAKDANCE en Santiago!!!
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN para participar nas Escolas Municipais de SKATE e BREAKDANCE de Santiago de Compostela!! Todos os venres de 18:00 a 19:30. As clases de Breakdance impartiránse no Centro Sociocultural de Fontiñas e as clases de Skate na Praza do Parlamento, no Skatepark (e se chove nun sitio cuberto todavía por determinar). Comezo das clases
Tarde divertida co SkatePark Móbil de Vella Escola en Compostela
A semana pasada montamos o noso SkatePark Móbil na Praza Roxa, en Santiago de Compostela, colaborando co evento promocional da marca de gafas Oakley organizado pola Óptica Val. A nosa noraboa a Ramón Gey Martínez por facerse co premio dunhas gafas Oakley!!!
Vella Escola estará nos Festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle (Sanfroilán – Lugo)
Vella Escola estará presente nos festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle o próximo venres 11 e sábado 12 de outubro na cidade de Lugo, iniciativas enmarcadas dentro das festas locais do Sanfroilán. Dentro da programación teremos concertos, festas de presentación e apertura dos festivais, actividades infantís e exhibicións de Cultura Urbana para tódolos públicos. Podes consultar
Continuamos cos obradoiros de Cultura Urbana de «NOITES ACTIVAS» Muros
Durante o mes de outubro continuamos en Muros co programa "Noites Activas" impartindo obradoiros de Breakdance, Beatbox e Skateboard os sábados en horario de 20:00 a 22:00 horas na antiga fábrica de SEL. Estas actividades van dirixidas á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e os 20 anos. Se estás interesad@ en participar nos obradoiros
CULTURA URBANA POLA IGUALDADE con Vella Escola e Manos Unidas
A Asociación Vella Escola e a ONG Manos Unidas organizan para o próximo domingo 6 de outubro en Noia a xornada "Cultura Urbana pola Igualdade", na que se desenvolverán diferentes obradoiros relacionados con esta subcultura xuvenil. As actividades terán lugar na alameda en horario de 16:00 a 20:00 horas. Entre as actividades programadas atopamos diferentes obradoiros