>  Posts tagged "prevención"

Xornadas lúdicas con SkatePark, exhibicións de BMX Flatland, obradoiros de Breakdance ou unha quedada de Street Workout son algunhas das actividades enmarcadas no programa municipal "Estilos Urbanos" +Xti do Concello de Lugo baixo a produción especializada do colectivo Vella Escola Cultura Urbana.

Desde a Vella Escola garantimos a seguridade na realización de actividades culturais, deportivas e artísticas. Durante as últimas semanas, mentres o plan de desescalada avanza, o noso grupo de especialistas reuniuse para desenvolver unha serie de medidas extraordinarias que xa forman parte do noso Plan de Prevención de Riscos e do protocolo de actuación da nosa entidade