>    >  octubre

O vindeiro sábado 2 de novembro o Concello de Santiago de Compostela organiza en colaboración coa Asociación Vella Escola a segunda edición do Campionato Galego de Breakdance "SANTIAGO STREET BATTLES 2013". O evento terá lugar no Centro Comercial Área Central a partir das 16:00 horas. O "SANTIAGO STREET BATTLES" é o Campionato Galego de Breakdance/Bboying na modalidade 1vs1.

Con motivo da clausura das actividades de Cultura Urbana que se desenvolveron no Concello de Santiago de Compostela ao longo destos seis meses e coa colaboración do programa de axudas “Iniciativa Xove” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, se propón a realización dunha actividade de portas abertas que se realizará o xoves 10 de outubro na Praza Roja, en Santiago

Vella Escola estará presente nos festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle o próximo venres 11 e sábado 12 de outubro na cidade de Lugo, iniciativas enmarcadas dentro das festas locais do Sanfroilán. Dentro da programación teremos concertos, festas de presentación e apertura dos festivais, actividades infantís e exhibicións de Cultura Urbana para tódolos públicos. Podes consultar