CRÓNICA: Chegamos de Oporto (6º EMAX) con boas sensacións
Despois dunha intensa fin de semana xa estamos de volta na casa con boas sensacións desta viaxe a Oporto, na que compartimos varias facetas da nosa asociación (graffiti, turntablism dj
Clases de Breakdance e Skate en Santiago de Compostela
O próximo venres 3 de maio dan comezo en Santiago de Compostela, as Escolas Municipais de Breakdance e Skateboard. As clases impartiranse tódolos venres en horario de tarde, das 18:00 ás 19:30 horas. Os lugares onde se van impartir as clases son; o Centro Sociocultural de Fontiñas para a actividade de Breakdance e o Colexio Ramón
6º EMAX – Encontro e Mostra Associativa Norte de Portugal e Galiza (Oporto)
Vella Escola desprázase a Portugal (Oporto) este sábado 20 de Abril para participar no 6º EMAX - Encontro e Mostra Associativa Norte de Portugal e Galiza | 2º FIXE - Foro de Innovación, Xuventude e Emprendemento. Participaremos cun Stand informativo sobre os programas relacionados coa Cultura Urbana que estamos a desenvolver en Galicia. Tamén realizaremos diferentes mostras
Comezamos co programa Noites Activas no Concello de Muros
O vindeiro sábado 27 de Abril comezamos co "NOITES ACTIVAS", un programa de lecer nocturno que pon en marcha o Concello de Muros en colaboración coa Asociación Vella Escola co fin de proporcionar á poboación xuvenil muradá diversas actividades elixidas por eles mesmos, levándose a cabo nas fins de semana. Moitas destas actividades están relacionadas coa
Vella Escola participa no novo programa da TVG «Galicia LipDub»
Este sábado Vella Escola participa na gravación dun novo programa da TVG "Galicia LipDub". O programa será un espazo de entretemento para toda a familia emitido en horario de máxima audiencia na TVG. O 'lipdub' consiste en mover os beizos en playback mentres se executa unha coreografía multitudinaria ó ritmo dunha canción. En cada un dos programas de 'Galicia