>  Uncategorized   >  6º EMAX – Encontro e Mostra Associativa Norte de Portugal e Galiza (Oporto)

Vella Escola desprázase a Portugal (Oporto) este sábado 20 de Abril para participar no 6º EMAX – Encontro e Mostra Associativa Norte de Portugal e Galiza | 2º FIXE – Foro de Innovación, Xuventude e Emprendemento.

Participaremos cun Stand informativo sobre os programas relacionados coa Cultura Urbana  que estamos a desenvolver en Galicia. Tamén realizaremos diferentes mostras e obradoiros de Graffiti e Turntablism (Dj) para invitar a aqueles mozos e mozas que se animen a probar un pouco estas dúas disciplinas.

O que buscamos con esta participación é, por un lado, facer promoción da Cultura Urbana e os beneficios que reporta a práctica destas disciplinas á xuventude tanto a nivel social como personal. Por outra banda, procuraremos establecer contacto con outras asociacións para establecer futuras colaboracións.