6º EMAX – Fundación da Asociación Norte de Portugal e Galiza (Porto)

Sen categoría

Vella Escola viaxa a Portugal (Oporto) este sábado 20 de abril para participar núm 6º EMAX – Fundación da Asociación Norte de Portugal e Galiza | 2º FIXE – Foro de Innovación, Xuventude e Emprendemento.

Participaremos. Soporte informativo sobre os programas relacionados coa Cultura Urbana que imos desenvolver en Galicia. Tamén realizaremos diferentes espectáculos e traballos de Graffiti e Turntablism (Dj) para convidar a aqueles mozos e mozas que se atrevan a probar un pouco estas dúas disciplinas.

O que buscamos con esta participación é, por unha banda, Promover a Cultura Urbana e os beneficios que a práctica destas disciplinas achega á mocidade tanto a nivel social como persoal. Por outra banda, tentaremos establecer contacto con outras asociacións para establecer futuras colaboracións.

Palabras clave:

Cultura urbana, emax, porto, Portugal, Vella Escola, mocidade

Compartir en:

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos os dereitos reservados.