Show de Breakdance en Negreira no Gran Festival de Nadal 2013!!!
Este domingo día 22 de Decembro Vella Escola desprázase ao Centro Sociocultural de Negreira para realizar un Show de Breakdance para o Gran Festival de Nadal 2013!!!
Tarde divertida co SkatePark Móbil de Vella Escola en Compostela
A semana pasada montamos o noso SkatePark Móbil na Praza Roxa, en Santiago de Compostela, colaborando co evento promocional da marca de gafas Oakley organizado pola Óptica Val. A nosa noraboa a Ramón Gey Martínez por facerse co premio dunhas gafas Oakley!!!
Éxito absoluto no II Campionato Galego de Breakdance SANTIAGO SB 2013!!
Logo de moitos meses de preparación e dun sábado con moito movemento, xa damos por rematada a II edición do Campionato Galego de Breakdance "SANTIAGO STREET BATTLES 2013". Dende Vella Escola queremos dar a noraboa a Naughty Niko (Pontevedra), Sufi (Madrid) e Serlli (Santiago de Compostela), que lograron as primeiras prazas no "Santiago Street Battles" deste ano,
Chega a Santiago o «II Campionato Galego de Breakdance» (2 Novembro)
O vindeiro sábado 2 de novembro o Concello de Santiago de Compostela organiza en colaboración coa Asociación Vella Escola a segunda edición do Campionato Galego de Breakdance "SANTIAGO STREET BATTLES 2013". O evento terá lugar no Centro Comercial Área Central a partir das 16:00 horas. O "SANTIAGO STREET BATTLES" é o Campionato Galego de Breakdance/Bboying na modalidade 1vs1.
O Concello de Santiago presenta «Rúas Xoves» Cultura Urbana en estado puro!!!
Con motivo da clausura das actividades de Cultura Urbana que se desenvolveron no Concello de Santiago de Compostela ao longo destos seis meses e coa colaboración do programa de axudas “Iniciativa Xove” da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, se propón a realización dunha actividade de portas abertas que se realizará o xoves 10 de outubro na Praza Roja, en Santiago
Vella Escola estará nos Festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle (Sanfroilán – Lugo)
Vella Escola estará presente nos festivais VIII Sanfroidance e III Tentacle o próximo venres 11 e sábado 12 de outubro na cidade de Lugo, iniciativas enmarcadas dentro das festas locais do Sanfroilán. Dentro da programación teremos concertos, festas de presentación e apertura dos festivais, actividades infantís e exhibicións de Cultura Urbana para tódolos públicos. Podes consultar
Inscríbete xa na ESCOLA MUNICIPAL DE BREAKDANCE de Riveira!!!
Ábrese o prazo de inscrición para anotarse na Escola Municipal de Breakdance de Riveira. As clases impartiranse na Casa da Xuventude de Riveira todos os xoves ás 18:00 horas e van dirixidas a mozos e mozas maiores de 8 anos . O prezo é de 10€ mensuais a pagar trimestralmente. Inscricións e máis información en: Casa da Xuventude de
Continuamos cos obradoiros de Cultura Urbana de «NOITES ACTIVAS» Muros
Durante o mes de outubro continuamos en Muros co programa "Noites Activas" impartindo obradoiros de Breakdance, Beatbox e Skateboard os sábados en horario de 20:00 a 22:00 horas na antiga fábrica de SEL. Estas actividades van dirixidas á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e os 20 anos. Se estás interesad@ en participar nos obradoiros
CULTURA URBANA POLA IGUALDADE con Vella Escola e Manos Unidas
A Asociación Vella Escola e a ONG Manos Unidas organizan para o próximo domingo 6 de outubro en Noia a xornada "Cultura Urbana pola Igualdade", na que se desenvolverán diferentes obradoiros relacionados con esta subcultura xuvenil. As actividades terán lugar na alameda en horario de 16:00 a 20:00 horas. Entre as actividades programadas atopamos diferentes obradoiros
Amplíase o prazo de inscrición no Concurso de Graffiti Padrón 2013!!
Amplíase o prazo de inscrición para participar no Concurso de Graffiti Padrón 2013 aberto ata o venres 13 de setembro. Podes descargar as bases do concurso premendo na seguinte ligazón: Bases Concurso de Graffiti Padrón 2013